disciplina

< lat disciplīna
Plural: disciplinas
    1. s f Obediencia dunha persoa ou colectividade a unhas determinadas normas de conduta.
    2. s f Conxunto de regras ou normas que rexen a conduta dunha persoa ou colectividade.
  1. s f
    1. Rama do coñecemento.
    2. EDUC Cada unha das materias que se ensinan nun centro educativo conformando un plan académico de estudos.
  2. s f Utensilio feito de cadeas ou cordeis que utilizan os penitentes para flaxelarse.

Antónimos

Citas

  • A física é unha disciplina de ensino obrigatorio en bacharelato
  • Aquel colexio era coñecido pola súa forte disciplina
  • Foi xulgado segundo o código de disciplina da orde
  • Para preparar as probas físicas das oposicións segue unha disciplina moi dura