cidade

< lat cīvitās -ātis ‘cidadanía’
Plural: cidades
  1. URBAN
    1. s f Asentamento humano estable de características socioeconómicas urbanas.
    2. cidade colonial Cidade desenvolvida en países colonizados co fin de exercer as funcións de goberno, administración e comercio.
    3. cidade dormitorio Cidade en que predomina a función residencial, onde a poboación se despraza a outra cidade para traballar.
    4. cidade episcopal Cidade con sé de bispado, historicamente sometida ao poder temporal do seu bispo.
    5. cidade industrial Cidade orixinada pola industria, que é a función predominante.
    6. cidade residencial Cidade en que predomina a función residencial, xeralmente inserida nunha área urbana.
  2. HIST/DER
    1. s f Título que, nalgúns países, se outorga a certas poboacións.
    2. cidade aberta Cidade que, en tempos de guerra, non constitúe un obxectivo militar. Tamén reciben esta denominación as cidades moi poboadas e as de importancia industrial ou valor artístico que, co fin de evitar a súa destrución, se entregan sen loita ao inimigo.
    3. cidade do Imperio Modelo de cidade do Sacro Imperio Romano-Xermánico que non pertencía a ningún señor feudal e que só recoñecía a autoridade do emperador.
    4. cidade estado Núcleo poboado, con frecuencia amurallado e rodeado dun territorio dependente, dotado de plena autonomía de goberno.
  3. RELIX
    1. cidade eterna Designación que recibe a cidade de Roma.
    2. cidade santa Cidade venerada polos fieis dunha relixión, como Xerusalén para os xudeus, musulmáns e cristiáns; Roma para os católicos ou A Meca para os musulmáns.

Confrontacións

Citas

  • Concentraron os centros de ensino públicos na cidade escolar, Levámolos a visitar a cidade histórica
  • Toda a cidade estaba en contra da iniciativa do Concello

Refráns

  • Vive en cidade, por pequena que sexa; casa con moza, por pobre que pareza; e come carneiro, por caro que se venda.