cidadanía

< cidadán
Plural: cidadanías
  1. s f DER/HIST Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado.
  2. HIST
    1. s f Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, en que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos e protección.
    2. carta de cidadanía Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes.
  3. s f Conxunto de cidadáns dun lugar.
  4. s f Comportamento do cidadán que observa as leis de convivencia establecidas nunha sociedade.

Sinónimos

Citas

  • A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos
  • A sociedade amosou a súa cidadanía no momento máis conflictivo

Palabras veciñas