chuvia

< lat pluvia
Plural: chuvias
  1. METEOR
    1. s f Precipitación en forma de pingas de auga procedente das nubes.
    2. chuvia ácida Precipitación de auga dun pH inferior a 4,5 porque contén en disolución os ácidos sulfúricos e nítricos producidos pola combinación dos óxidos de xofre e nitróxeno desprendidos nos procesos industriais co vapor de auga atmosférico. Provoca un aumento fortísimo da acidez dos ríos e lagos, e dos solos.
    3. chuvia artificial Precipitación estimulada artificialmente mediante a proxección de neve carbónica, ioduro de prata e outras substancias na parte superior das nubes.
  2. s f Feito de caer sobre alguén unha gran cantidade de algo.
  3. chuvia de estrelas ASTRON Aparición de gran cantidade de estrelas fugaces nunha rexión concreta do ceo.
  4. chuvia radioactiva METEOR/FÍS Descenso cara ao chan de po composto por partículas que se volveron radioactivas como consecuencia dunha explosión nuclear.

Sinónimos

Citas

  • Unha chuvia de confeti caía enriba dos asistentes á festa, Unha chuvia de flashes cegaba os autores