Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
choiva
Escoitar
Plural:
choivas
s
f
METEOR
chuvia.
Refráns
A auga de abril enche o carro e o carril.
A auga de febreiro derrama o viño.
A auga de febreiro fai o lameiro.
A auga de febreiro ten para os campos tempero. e a auga de maio teno para todo o ano.
A auga de maio inda carga o carro.
A auga de san Xoán leva o viño e tolle o pan.
A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
A auga de xaneiro mata o usureiro.
A auga o dou e a auga o levou.
A auga todo o leva.
A chuvia de febreiro fai o palleiro.
A chuvia na eira non fai malladoiro.
A chuvia na semana da Ascensión leva o centeo e deixa o relón.
A chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mosto / que é mel e mosto.
Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
Abril augas mil, escoadas por un mandil.
Abril augas mil, peneiradas nun candil.
Abril augas mil, se non ao comezo, ao medio ou á fin.
Abril chove para as xentes e maio para as bestas.
Abril chovedeiro enche o cabaceiro.
Abril frío e mallado enche o celeiro e farta o gado.
Abril mallado, malo na harta e bo no campo.
Abril que non chove deixa o labrego pobre.
Abril quente e mallado, carga o carro e engorda o gado.
Abril, p"ara ser abril, ten que vir con augas mil.
Aire de Lugo, auga no puño.
Andoriña que alta voa, non teme que chova.
Andoriña que voa a rentes da terra chuvia venta.
Ano de chuvias, poucas madrugas.
As augas de abril cargan o carro e o carril.
Auga á mañanciña, tormenta á tardiña.
Auga criadora, cando máis chora.
Auga de abril e xeada de maio aseguran o ano.
Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano.
Auga de abril, molla o carro, molla a leira e molla o carril.
Auga de agosto, mel e mosto.
Auga de febreiro enche o cabaceiro.
Auga de febreiro fai palleiro.
Auga de maio trae mal ano.
Auga de maio, pan para todo o ano.
Auga de maio, trae bo ano.
Auga de marzo, herbanzo.
Auga de marzo, peor lixo no pano.
Auga de mediodía, auga para todo o día.
Auga de outono mata o seu dono.
Auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non.
Auga de xaneiro ata a sega ten tempero.
Auga de xaneiro todo o ano ten tempereiro.
Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro.
Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón.
Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.
Auga en maio mata o porco dun ano.
Auga en maio quita a sama de todo o ano.
Auga en maio, pan para todo o ano.
Auga en maio, pan todo o ano.
Auga en outono non lle convén ao xornaleiro nio ao seu dono.
Auga enriba de auga non lixa nin lava.
Auga mañanceira non é duradeira.
Auga miúda, non é dura.
Auga miúda, vendaval que dura.
Auga non falte, que sol sobrará.
Auga por agosto, nin pan nin mosto.
Aurora roiba, ou vento ou choiva.
Bote Deus auga, que feito está onde caia.
Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra.
Caia auga e veña maio, que xa ternos pan para o ano.
Cando a Candelaria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e, se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca.
Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
Cando chove e fai sol, colle o caracol.
Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón.
Cando chove e fai sol, vai o demo para Ferrol, cargadiño d e alfileres para meterse coas mulleres.
Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro.
Cando chove moito, ha de escampar logo.
Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.
Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro.
Cando chove, chove; cando neva, neva; cando chove e fai vento, mal tempo.
Cando en marzo chove e en abril xía, quédase maio feito un ha criba.
Cando fai sol e chove, é tempo de paga-las débedas.
Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero.
Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise de risa.
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo.
Cando o sol madruga, é sinal de chuvia.
Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
Cando trona, ou chove ou quere chover.
Carcaxía, norte cría.
Carcaxía, polo norte pía.
Ceo aguado, herba no prado.
Ceo lastrado, agro mollado.
Choran as pedras do Xallo, temas orballo /ventan orballo.
Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra.
Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.
Chova para vós na roda do ano e non chova para min en abril e maio.
Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.
Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril.
Chuvia de abril, rocío de maio.
Chuvia de san Cristovo co seu covo.
Chuvia de santa María coa súa regazadiña.
Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo.
Chuvia en maio, a mexadiña dun gato.
Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato / nin o mexo dun gato.
Chuvia mañanceira non é duradeira.
Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón.
Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bo melón.
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
Chuvia polo agosto é mel e mosto.
Chuvia por san Xoán tolle o viño e leva o pan.
Chuvia por Santa Lucía tolle a sardiña.
Co aire soán cata a auga na man, tanto no inverno coma no verán.
Corren as nubes para Lugo, auga no puño.
Curuxa tardega, auga noitega.
De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
Día de santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
É sinal de boa anada cando o Nadal nada.
En abril cada pingueira de auga vale por mil.
En abril chuvias ir, chuvias vir.
En abril, augas mil; e en maio, tres ou catro.
En agosto está a auga tras do toxo.
En febreiro, por cada rego un caneiro.
En maio augas catro, e esas que cheguen ao barro.
En maio que chova ata entullarse o carro.
En marzo auga que non molle o rabo do gato.
En marzo cada pingueira quita un carto e en abril cada pingueira dá mil.
En marzo nin o rabo do gato mollado.
Falten augas mil e non falten en abril.
Febreiro o mexadeiro, cando na casa, cando no outeiro.
Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
Moitas augas en maio traen mal ano.
Moitas augas non traen bágoas.
Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
No abril cada pingota de auga vale por mil.
No abril, chuvia que encha o carro e o carril.
No ano que moito chove o labrego traballa máis que come.
Non chover nin ventear en santos e nadal.
O ano malo en auga vén nadando.
O circo da lúa o pastor enxuga / aos tres días non hai chuvia.
O dous de febreiro sube ao outeiro; se ves negrexar, ponte a cantar; se ves branquexar, bótate a chorar.
O que en maio se molla, en maio se enxuga.
Poeira en abril, lama en agosto.
Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.
Se chove pola Ascensión, horta roín e trigo roeón.
Se maio chora, auga criadora.
Se non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro.
Se o ano sae chorando, mal para as hortas e para os campos.
Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.
Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga.
Se o Nadal nada, sinal de boa anada.
Se san Xoán chora, a silveira non dá moras.
Sempre houbo augas mil polo mes de abril.
Sol con auga non vale nada.
Sol con barbas, augas.
Sol e auga, tempo de leite callado.
Sol madrugadeiro, chuvia no quinteiro.
Sol na cidá, auga no nabal.
Unhas pingan e outras mollan.
Veña maio e veña pardo.
¡Auga de maio, quítame a sarna que traio
¡Ben veña abril coas súas augas mil
¡Que chova, que chova, sexa dentro ou sexa fóra
¡Vaite auga, vente sol polos campos de Ferrol
Palabras veciñas
choia
choiar
choio
choiva
chokeriano -na
chola
chola