chumbo

< lat plumbu ‘chumbo’
Plural: chumbos
    1. s m QUÍM Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.
    2. acetato de chumbo (II) [Pb(CH 3- COO) 2 ] QUÍM Sólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.
    3. arseniato de chumbo (II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ] QUÍM Sólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.
    4. dióxido de chumbo [PbO 2 ] QUÍM Sólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.
    5. nitrato de chumbo (II) [Pb(NO 3 ) 2 ] QUÍM Cristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.
    6. óxido de chumbo (II) QUÍM litarxirio.
    7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ] QUÍM Sólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.
  1. s m Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.
  2. s m fig Bala dunha arma de fogo.
  3. intoxicación por chumbo PAT Cadro habitualmente crónico, propio dos traballadores do chumbo. Provoca a aparición dunha liña de cor azul nas enxivas, cólicos abdominais, alteracións vasculares e neuropatías. OBS: Tamén se denomina saturnismo.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • As ametralladoras botaban chumbos sen parar
  • Os chumbos da liña perdéronse e agora xa non podo pescar

Frases feitas

  • Caer como chumbo derretido. Dise do Sol cando quenta con moita forza.

Formas incorrectas

chombo, plomo