smQUÍMElemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.
acetato de chumbo (II) [Pb(CH 3- COO) 2 ]QUÍMSólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.
arseniato de chumbo (II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]QUÍMSólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.
dióxido de chumbo [PbO 2 ]QUÍMSólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.
nitrato de chumbo (II) [Pb(NO 3 ) 2 ]QUÍMCristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.
óxido de chumbo (II)QUÍMlitarxirio.
tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]QUÍMSólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.
smPeza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.
sm figBala dunha arma de fogo.
intoxicación por chumboPATCadro habitualmente crónico, propio dos traballadores do chumbo. Provoca a aparición dunha liña de cor azul nas enxivas, cólicos abdominais, alteracións vasculares e neuropatías. OBS: Tamén se denomina saturnismo.