smZOOL/FISIOLParte do encéfalo que ocupa case toda a caixa craniana e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Divídese en dúas metades simétricas, os hemisferios, e regula a vida vexetativa, ao mesmo tempo que constitúe o punto de inserción somática da vida psíquica.
sm p extZOOLGanglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.
sm
Mente.
Persoa moi intelixente.
Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.
cerebro de gatoXEOLConcreción calcaria impura formada por nódulos dispersos nos limos.
Citas
O teu curmán foi o cerebro da falcatruada
Polas cousas que fas, parece que non tes cerebro
Todos os profesores pensaban que era o mellor cerebro da clase