cerebro

< lat cerĕbru
Pliral: cerebros
  1. s m ZOOL/FISIOL Parte do encéfalo que ocupa case toda a caixa craniana e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Divídese en dúas metades simétricas, os hemisferios, e regula a vida vexetativa, ao mesmo tempo que constitúe o punto de inserción somática da vida psíquica.
  2. s m p ext ZOOL Ganglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.
  3. s m
    1. Mente.
    2. Persoa moi intelixente.
    3. Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.
  4. cerebro de gato XEOL Concreción calcaria impura formada por nódulos dispersos nos limos.

Citas

  • O teu curmán foi o cerebro da falcatruada
  • Polas cousas que fas, parece que non tes cerebro
  • Todos os profesores pensaban que era o mellor cerebro da clase