abismo

< lat v *abyssĭmu lat abyssu gr ἄ βυσσος ‘sen fondo, abismo’ gr ἀ ‘sen’ +βυσσóς ‘fondo’
Plural: abismos
  1. s m Cavidade profunda na terra.
  2. s m Situación que ocasiona un gran sufrimento.
  3. s m Grande oposición.
  4. construción en abismo LIT Disposición da acción pola que se inclúe unha ou máis historias dentro da que actúa como marco.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A morte do seu pai produciulle un abismo de dor
  • Hai un abismo entre as miñas opinións e as túas
  • No fondo do abismo había un pedregal

Palabras veciñas