castigar

< lat castigāre ‘reprender’
  1. v t Impoñerlle un castigo a alguén por cometer unha falta ou un delito.
  2. v t Mortificar fisicamente o corpo ou unha parte del.
  3. v t Estimular as cabalarías para que corran máis dándolle cun látego ou cunhas esporas.
  4. v t Danar algunha cousa un fenómeno natural.
  5. v t ECOL Realizar unha extracción excesiva dun recurso natural renovable de xeito que se poña en perigo o seu sostemento.
  6. v pron Atormentarse unha persoa ao se sentir culpable dalgún suceso.

Sinónimos

Citas

  • A xeada este ano castigou as colleitas
  • Castigaba o lombo cun látego na procesión, Lavar a roupa no río castiga moito as mans
  • Castigaron o caladoiro ata que quedou sen peixe
  • Castigárono con dous anos de cadea
  • Este carreteiro castiga moito os animais
  • Logo de sufrir o accidente castigábase porque non fora cuidadosa abondo na conducción
  • Tantos regalos castigan moito o peto
Verbo: castigar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigo

castigas

castiga

castigamos

castigades

castigan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigaba

castigabas

castigaba

castigabamos

castigabades

castigaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castiguei

castigaches

castigou

castigamos

castigastes

castigaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigara

castigaras

castigara

castigaramos

castigarades

castigaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigarei

castigarás

castigará

castigaremos

castigaredes

castigarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigaría

castigarías

castigaría

castigariamos

castigariades

castigarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigue

castigues

castigue

castiguemos

castiguedes

castiguen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigase

castigases

castigase

castigasemos

castigasedes

castigasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigar

castigares

castigar

castigarmos

castigardes

castigaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

castiga

-

-

castigade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

castigar

castigares

castigar

castigarmos

castigardes

castigaren

Xerundio

castigando

Participio

castigado

castigada

castigados

castigadas