Peza que cobre e defende a cabeza, que se emprega nalgúns deportes e profesións de risco.
Peza da armadura antiga ou medieval que cubría a cabeza.
smZOOLPezuño de cabalo.
smMARCorpo dunha embarcación, sen máquinas nin superestruturas.
smBotella ou outro envase baleiro que se destina para conter líquidos.
smParella de auriculares unidos por unha banda elástica.
smCavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo.
smBOTCada unha das capas grosas de orixe foliosa, que forman os bulbos tunicados como a cebola.
smBOTPezas florais que lembran, pola súa forma, un casco.
smZOOLEstrutura voluminosa que presentan certos animais na cabeza.
casco visualizadorINFORMAparato empregado en contornos de realidade virtual, que se destina a recibir as imaxes en movemento coas que se vive a ilusión de estar nun escenario distinto ao real.
cascos azuisBÉLTropas da ONU, integradas por militares dos exércitos dos seus países membros, que actúan como observadores de conflitos armados e como forzas para o mantemento da paz. Foron galardoados cos premios Nobel da Paz (1988) e Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1993).