carrán

< raíz preindoeuropea carr-
Plural: carráns
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave acuática, da familia dos estérnidos, principalmente mariñas. Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro.
  2. carrán ártico ANIMAL/ORNIT Carrán de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán.
  3. carrán bicocurto ANIMAL/ORNIT Carrán de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada.
  4. carrán caribranco ANIMAL/ORNIT Carrán que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris.
  5. carrán cristado ANIMAL/ORNIT Carrán, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas.
  6. carrán mouro ANIMAL/ORNIT Carrán que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra e a parte superior das ás e da cola de cor agrisada.
  7. carrán pequeno ANIMAL/ORNIT Carrán de plumaxe branca, coa cabeza de cor negra agás a fronte branca, e o peteiro amarelo coa punta negra.

Sinónimos