smANIMAL/ORNITAve acuática, da familia dos estérnidos, principalmente mariñas. Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro.
carrán árticoANIMAL/ORNITCarrán de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán.
carrán bicocurtoANIMAL/ORNITCarrán de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada.
carrán caribrancoANIMAL/ORNITCarrán que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris.
carrán cristadoANIMAL/ORNITCarrán, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas.
carrán mouroANIMAL/ORNITCarrán que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra e a parte superior das ás e da cola de cor agrisada.
carrán pequenoANIMAL/ORNITCarrán de plumaxe branca, coa cabeza de cor negra agás a fronte branca, e o peteiro amarelo coa punta negra.