carnívoro -ra

Plural: carnívoros Masculino: carnívoro Masculino plural: carnívoros Feminino: carnívora Feminino plural: carnívoras
  1. adx Que se alimenta de carne.
  2. adx Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes.
  3. ANIMAL
    1. adx Relativo ou pertencente aos carnívoros.
    2. s m Mamífero da orde dos carnívoros.
    3. s m pl Orde de mamíferos que se caracteriza por: unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos e a aparición de moas carniceiras; as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande apertura; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; e a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz e o oído notable.

Palabras veciñas