adxAplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes.
ANIMAL
adxRelativo ou pertencente aos carnívoros.
smMamífero da orde dos carnívoros.
sm plOrde de mamíferos que se caracteriza por: unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos e a aparición de moas carniceiras; as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande apertura; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; e a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz e o oído notable.