cardeal

< lat cardĭnāle ‘principal, fundamental’
Plural: cardeais
  1. s m RELIX Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. Teñen a misión de elixir o sucesor do papa tras a súa morte, nun conclave convocado con este fin.
  2. ANIMAL/ORNIT
    1. s m Ave da familia dos frinxílidos, de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.
    2. cardeal común [Pyrrhula pyrrhula] Cardeal coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo e as partes superiores gris azuladas.
    3. cardeal escarlata [Carpodacus erytrinus] Cardeal co peito e mitra de cor carmín rosada e o resto do corpo castaña avermellada.

Palabras veciñas