smRELIXTítulo de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. Teñen a misión de elixir o sucesor do papa tras a súa morte, nun conclave convocado con este fin.
ANIMAL/ORNIT
smAve da familia dos frinxílidos, de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.
cardeal común [Pyrrhula pyrrhula]Cardeal coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo e as partes superiores gris azuladas.
cardeal escarlata [Carpodacus erytrinus]Cardeal co peito e mitra de cor carmín rosada e o resto do corpo castaña avermellada.