carbono

< carbón
Plural: carbonos
  1. s m QUÍM Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.
  2. carbono 14 ARQUEOL Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.
  3. carbono asimétrico QUÍM Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.
  4. carbono cuaternario QUÍM Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.
  5. ciclo do carbono BIOL
    1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.
    2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.
  6. dióxido de carbono QUÍM Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.
  7. fibra de carbono TECNOL/QUÍM Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.
  8. ión carbono QUÍM Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.
  9. monóxido de carbono QUÍM Gas incoloro e tóxico presente en moitas mesturas gasosas industriais.
  10. subóxido de carbono QUÍM Óxido de carbono que contén unha relación de átomos de osíxeno respecto a átomos de carbono inferior a 1.
  11. sulfuro de carbono QUÍM Composto binario de xofre e carbono. Coñécense tres: o monosulfuro (CS), o subsulfuro (C 3 S 2 ) e o disulfuro (CS 2 ), denominado propiamente sulfuro de carbono.