smQUÍMElemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.
carbono 14ARQUEOLMétodo de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.
carbono asimétricoQUÍMÁtomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.
carbono cuaternarioQUÍMÁtomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.
ciclo do carbonoBIOL
Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.
Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a faseescura da fotosíntese.
dióxido de carbonoQUÍMGas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídridocarbónico ou gascarbónico.
fibra de carbonoTECNOL/QUÍMFilamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.
ión carbonoQUÍMCatión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.
monóxido de carbonoQUÍMGas incoloro e tóxico presente en moitas mesturas gasosas industriais.
subóxido de carbonoQUÍMÓxido de carbono que contén unha relación de átomos de osíxeno respecto a átomos de carbono inferior a 1.
sulfuro de carbonoQUÍMComposto binario de xofre e carbono. Coñécense tres: o monosulfuro (CS), o subsulfuro (C 3 S 2 ) e o disulfuro (CS 2 ), denominado propiamente sulfuro de carbono.