adxRelativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.
sIndividuo pertencente á liñaxe dos Capetos.
sm plDescendencia agnada do rei de Francia Hugo I, o Capeto. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto oForte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo oGrande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu ao derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés.