capeto -ta

Pliral: capetos Masculino: capeto Masculino plural: capetos Femenino: capeta Femenino plural: capetas
  1. adx Relativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.
  2. s Individuo pertencente á liñaxe dos Capetos.
  3. s m pl Descendencia agnada do rei de Francia Hugo I, o Capeto. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto o Forte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo o Grande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu ao derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés.