canal

< lat canale
Plural: canais
  1. ENX
    1. s m Obra destinada a conducir, con diversas finalidades, masas de auga derivadas de ríos, torrentes, lagos naturais e artificiais ou augas subterráneas mediante unha captación adecuada.
    2. s m ía, xeralmente realizada mediante a escavación do terreo, que se abre á navegación grazas a traballos de dragado.
    3. s m Estreitamento artificial feito nun río para facilitar a pesca.
    4. canal internacional Canal de enlace que une dous puntos de alta mar e que ten un réxime xurídico internacional especial.
    5. canal de descarga Canal empregado para devolver ao río ou a outro canal as augas procedentes de vertedoiros ou de comportas de limpeza.
  2. XEOG
    1. s m Brazo de mar natural ou artificial situado entre dúas illas ou entre unha illa e o continente.
    2. canal de navegación Interrupción do cinto coralino dun atol, que permite o paso entre o lagoon e o mar aberto.
    3. canal submarino al pouco encaixado e abrupto, lixeiramente sinuoso, que entalla o glacis continental e os abanos submarinos.

Sinónimos

Frases feitas

  • En canal loc adv Aberto de arriba a abaixo. Ex: Despois de matar o porco o carniceiro abriuno en canal. O asasino abriu en canal a s