sfPeza do muíño construída con lousas de pedra, unha na base e dúas formando as paredes laterais, que posúe unha capacidade grande.
sfParte profunda do suco que vai deixando o arado ao romper na terra.
ANAT
sfConduto que une dúas estruturas anatómicas definidas, polo que circulan substancias líquidas ou semilíquidas.
canle dixestivatubodixestivo.
canle pneumáticaConduto que, nos peixes teleósteos, pon en comunicación a vexiga co tubo dixestivo.
sfANATSuco dun óso ou doutra estrutura anatómica calquera.
sfBOTCavidade alongada dun vexetal.
sfXEOG
Paso estreito e alongado entre montañas.
Fenda de grandes dimensións aberta en forma vertical nunha penedía que presenta poucas dificultades para a ascensión ou o descenso.
sf Axente, vía, medio ou procedemento a través do que se transmite unha cousa.
canle de distribuciónECONConxunto dos procesos intermedios propios da condución dos bens económicos desde o lugar de produción ata a unidade de consumo.
sfLINGMedio polo que un emisor transmite mensaxes a un receptor ou destinatario.
sfCOMUN
Cada unha das dúas vías de transmisión do programa que determinan o efecto estereofónico.
Banda de frecuencias dunha transmisión.
sfCOMUNConxunto de elementos para a transmisión nun só sentido, desde o transmisor ata o receptor.
sfARQUIT
Moldura cóncava tallada nunha columna ou noutro obxecto.
Moldura vertical e cóncava que decora o fuste das columnas ou das pilastras.