cana

< lat canna
Plural: canas
  1. PLANTA
    1. s f Planta herbácea, da familia das poáceas, que presenta rizoma groso e duro e talos endurecidos e de cor verde.
    2. cana de azucre [Saccharum officinarum] Planta, da familia das poáceas, perenne, que presenta rizoma groso e talos cheos dun tecido zumarento e doce. O seu cultivo constitúe a fonte principal para a obtención de azucre.
    3. cana da India [Canna indica] Planta herbácea, da familia das cannáceas, con flores de cor variable, desde amarelo a vermello ou con pintas.
  2. s f BOT Talo tubular e con nós propio das plantas da familia das poáceas.
    1. s f Obxecto alongado e cilíndrico que ten unha forma semellante á planta da cana.
    2. cana de pescar PESCA PESCA Utensilio de pesca constituído basicamente por unha vara cun extremo do que pende un fío ou unha liña provista no outro extremo dun ou de varios anzois.
  3. s f Parte do calzado alto, da media ou do calcetín, que cobre o tornecelo ou o papo da perna.
  4. s f Medula dos ósos.
  5. s f
    1. aso estreito de forma tubular ou cilíndrica.
    2. Bebida que se serve nese vaso, especialmente cervexa e sidra.
  6. s f Póla cortada das árbores.
  7. MAR
    1. s f Parte da áncora comprendida entre a argola e a cruz.
    2. s f Parte dun remo que está entre o guión e a pa.
    3. cana do temón Elemento feito en madeira ou metal, de forma delgada e alongada, que serve para facer xirar o temón.
    4. canas do moco Parella de cabos que, partindo do extremo inferior do moco, se insiren un a cada lado da roda de proa e serven para reforzalo.
  8. s f Doce preparado con masa de follado fritida que se enche con crema pasteleira.
  9. s f Augardente obtida por destilación da melaza do azucre de cana.
  10. s f ARQUIT Parte central da columna entre o fuste e o capitel.

Confrontacións

Citas

  • Merquei unha botas de media cana con sola de goma
  • Teñen moita leña de canas de piñeiro

Refráns

  • Anos e traballos poñen o pelo branco.

Palabras veciñas