bambú

< malaio bāmbū
  1. m PLANTA Arbusto graminoide da subfamilia das bambusoideas, pertencente á familia das poáceas. Os talos son longos e articulados, alcanzando grande altura nalgunhas especies. Pola súa resistencia, utilízase como madeira para a construción.