activo -va

< lat actīvu
Plural: activos Masculino: activo Masculino plural: activos Feminino: activa Feminino plural: activas
  1. adx Que obra ou ten o poder de obrar.
  2. adx Que implica acción.
  3. adx Que realiza con dilixencia as súas actividades.
  4. adx
    1. Aplícase aos circuítos ou elementos que conteñen fontes de enerxía.
    2. Aplícase á magnitude que, nunha corrente alterna, representa unha certa enerxía real.
  5. adx Que se atopa en estado de exercer algunha acción física ou química.
  6. adx FÍS radioactivo.
  7. adx LING Aplícase ás formas verbais nas que o suxeito realiza a acción que representa o verbo.
  8. adx QUÍM Aplícase ás substancias que presentan actividade óptica.
  9. adx QUÍM Aplícase ás substancias que se atopan nunha forma apta para sufrir ou orixinar certas transformacións.
  10. s m ECON Conxunto de bens e créditos dunha empresa
  11. DEMOG
    1. poboación activa Segmento da poboación en idade laboral. Segundo a lexislación europea é a comprendida entre os dezaseis e os sesenta e cinco anos.
    2. vida activa Período de tempo en que un individuo pode exercer unha actividade profesional produtiva.

Citas

  • A empresa ten un activo superior a 45,000,000
  • Corrente activa, potencia activa, enerxía activa
  • débeda activa
  • En Galicia, hai moi poucos políticos activos, O seu carácter activo lévaa a iniciar novos proxectos
  • María come moitas lambetadas, onde come representa unha forma verbal e María é o suxeito que realiza esa acción
  • O Etna é un volcán activo, A súa vida activa obrígalle a relacionarse con persoas de todas as clases sociais
  • O veleno da serpe de coral é moi activo
  • Tomou parte activa na resolución do problema que afectaba á comunidade

Frases feitas

  • En activo. En actividade, traballadores que a