cadencia

< lat cadentĭa
Plural: cadencias
    1. s f Sucesión frecuente e regular de sons, imaxes ou movementos.
    2. s f DEP Número de pasos que realiza un atleta en carreira ou de pedaladas que dá un ciclista nun tempo determinado.
    3. s f IMAX Cantidade de fotogramas que son proxectados sobre a pantalla nun segundo.
    4. cadencia de tiro Número de tiros que efectúa unha arma de fogo por minuto.
  1. s f LING Distribución e combinación de acentos e palabras que dan o ritmo característico de cada idioma.
  2. s f LIT Distribución proporcionada e harmónica dos sons, acentos ou pausas tanto na poesía coma na prosa.
  3. s f MÚS Pasaxe de virtuosismo, de ritmo ou dun solista, próximo ao final dun movemento de concerto ou aria.

Sinónimos

Citas

  • Coa doce cadencia das súas palabras engaiola a calquera que o escoite
  • Fiquei aloulado contemplando o solpor e escoitando a cadencia das pingas de auga batendo nos vidros das ventás