smMamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.
cabalo albardeiroCabalo empregado para a carga ou o transporte.
cabalo bravo/rabanésCabalo que vive en estado salvaxe.
cabalo galego de monteRaza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.
cabalo pintoCabalo que é de máis cores ca unha.
sm
Figura que representa un cabalo.
XOGOCada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.
XOGOCarta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.
sm 2 heroína.
smANIMAL/ORNITpeto verdeal.
smMARBanqueta inclinada e provista de patas anteriores e posteriores.
smDEPAparato ximnástico para facer exercicios de salto.
smPATDor do músculo do pescozo provocada por unha mala postura.
cabalo de batallaBÉL
Cabalo que os guerreiros reservaban para a batalla máis importante.
Asunto moi disputado, sobre o que se insiste continuamente e que é motivo de moitas controversias.
cabalo de Frisia
BÉLiga de madeira que se empregaba como defensa contra a cabalaría.
Defensa accesoria contra persoas, formada por arame con puntas posto sobre un bastidor, formado por dúas cruces de santo Andrés unidas por un traveseiro, e que serve para pechar fendas, pasos ou rúas.
cabalo de marANIMAL/ICTPeixe da familia dos singnátidos, que presenta o corpo comprimido e alongado, coa cola prénsil, armado de placas dérmicas, grandes e rectangulares, ordenadas formando series de aneis. OBS: Tamén se denomina cabaliño de mar.
cabalo de Troia
MITEstatua colosal en forma de cabalo que construíron os gregos durante o asedio de Troia.
INFORMPrograma de ordenador que posúe unha función destrutiva oculta.
cabalo de vaporMETROLUnidade métrica de potencia que equivale a 735,4 W.
cabalo do demoANIMAL/ENTOMInsecto estilizado e de gran tamaño como é o caso dos mántidos, dos tipúlidos e, especialmente, dos odonatos. OBS: Tamén se denomina cabaliño do demo.
cabalo inglésMETROLUnidade inglesa de potencia que equivale a 745,7 W.