cabalete

< dim de cabalo
Plural: cabaletes
  1. s m Pau apoiado de forma horizontal en catro patas diverxentes, que serve de soporte para diversos usos como formar unha mesa ou un banco.
  2. s m Apoio en forma de tesoira cun traveseiro horizontal a media altura no que se coloca o lenzo para pintar.
  3. s m Monllos de canas de millo dispostos en forma de pirámide.

Confrontacións

Citas

  • Hai dúas tellas rotas no cabalete do tellado
  • Na Idade Media torturábase a xente en cabaletes
  • O día da festa montaron unha mesa con dous cabaletes porque eran moitos
  • Os albaneis están construíndo un cabalete para poder traballar na parede
  • Os cabaletes dos pintores son de madeira
  • Os cabaletes fanse despois da colleita do millo