cabaleiro

< lat caballarĭu ‘relativo ós cabalos’
Plural: cabaleiros
  1. s m Home que vai a cabalo.
  2. s m Home que se comporta con educación e cortesía.
  3. s m Termo de cortesía que equivale a señor.
  4. HIST
    1. s m Membro dun grupo social que se caracterizaba pola participación en combates a cabalo.
    2. s m Membro dunha orde militar.
    3. s m Membro dunha orde civil.
    4. armar cabaleiro Cerimonia pola que se lle impón a alguén a dignidade de cabaleiro.
    5. cabaleiro andante Cabaleiro medieval que, caracterizado polo seu espírito de aventura, buscaba empresas individuais, difíciles e xeralmente xustas.
  5. s m PAT Dor dos músculos do pescozo que impide xirar a cabeza.
  6. arco cabaleiro Arco primeiro de cada testo do tonel.

Sinónimos

Citas

  • Cabaleiros, poden vostedes sentar que vai comezar a cea
  • Compite agora un cabaleiro que é dos mellores do hipódromo
  • É un cabaleiro coas damas, especialmente coas de máis idade
  • Polos seus méritos militares e pola súa fidelidade ao país, nomeárono cabaleiro da Lexión do Honor
  • Ten un cabaleiro no pescozo e non pode ir á festa
  • Todos os seus antepasados pertencen á orde do cabaleiro do Temple

Formas incorrectas

tortícolis