buril

< fr burin
  1. m Tipo de cicel, delgado, en forma de bisel por un extremo e provisto dun mango polo outro que, ao ser percutido, permite que coa punta se fagan incisións máis ou menos profundas sobre unha superficie de metal, pedra ou madeira.
  2. m ARQUEOL Útil fabricado mediante a técnica do golpe de buril, que produce unha aresta cortante, característico do Paleolítico Superior.

Confrontacións

Citas

  • Este deseño fíxose con buril