burgundio -dia

Plural: burgundios Masculino: burgundio Masculino plural: burgundios Feminino: burgundia Feminino plural: burgundias
  1. adx Relativo ou pertencente aos burgundios ou á súa lingua.
  2. ETN/HIST Individuo do pobo burgundio.
  3. m ETN/HIST Pobo xermánico que, establecido primeiro na rexión báltica, ocupou máis tarde a parte media do Vístula. Loitaron cos romanos contra Atila e os suevos de Hispania no ano 456. Ao regreso ocuparon os territorios próximos a Lyon e fundaron o Reino de Borgoña.
  4. m LING Lingua xermánica oriental que se falaba na Alemaña oriental arredor do ano 50 d C.