búlgaro -ra

< topónimo Bulgaria
Plural: búlgaros Masculino: búlgaro Masculino plural: búlgaros Feminino: búlgara Feminino plural: búlgaras
    1. adx Relativo ou pertencente a Bulgaria, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. Natural ou habitante de Bulgaria.
  1. ETN
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo búlgaro.
    2. Individuo do pobo búlgaro.
    3. m Pobo que habita en Bulgaria e cara ao N, en Romanía. Son resultado da fusión dos antigos poboadores turcos do s VII, co substrato eslavo, do que adoptaron a lingua e a cultura.
  2. m LING Lingua eslava meridional que se fala en Bulgaria, Serbia, unha parte de Grecia, Romanía, Moldavia e Ucraína.

Palabras veciñas