bulevar

< fr boulevard
  1. m Rúa ampla que adoita presentar unha distribución en que se alternan as beirarrúas nas dúas bandas e dúas calzadas, reservadas ao tránsito rodado, separadas por un paseo no medio. Ex: Cando fun a París, paseei polos seus maxestuosos bulevares.

Citas

  • Cando fun a París, paseei polos seus maxestuosos bulevares.