brazo

< lat brachĭu ‘brazo’
  1. m ANAT
    1. Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano.
    2. Parte comprendida entre o ombreiro e a man.
    3. Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo).
  2. m ZOOL Cada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais.
    1. m Parte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo.
    2. m Barrotes dalgunhas cadeiras onde a persoa sentada repousa os brazos.
    3. m Cada metade do traveseiro da cruz.
    4. m ASTRON Cada unha das partes que, nas galaxias espirais, envolven o núcleo.
    5. m FÍS Distancia do punto de referencia á recta de acción da forza.
    6. m FÍS Distancia que hai, nunha panca, entre o punto de soporte e o punto de aplicación da forza, medida perpendicularmente á dirección da forza.
    7. m MAR Cada unha das partes dunha verga comprendida entre a cruz e cada penol.
    8. m MAR Cada unha das dúas partes da áncora comprendidas entre a cruz e cada unlla.
    9. m XEN Cada un dos dous segmentos principais do cromosoma separados polo centrómero, que determina (coa súa posición) a lonxitude destes.
    10. brazo de mar XEOG Canal formado por unha estreita porción de mar que entra na terra e que queda entre o litoral continental e unha illa próxima.
    11. brazo de río XEOG Parte dun río que se separa do seu curso principal para formar un secundario co que se reúnen de novo antes de desembocar no mar.
    12. brazo morto XEOG Antigo meandro dun río que quedou cegado ou estrangulado.
  3. m HERÁLD Figura en forma de brazo, xeralmente o dereito, cuberto por unha armadura, normalmente de prata.
  4. m Traballadores, especialmente os que desenvolven un labor manual.
  5. brazo de xitano ALIM Elaboración pasteleira que se compón dun biscoito de forma rectangular, lixeiramente borracho, con recheo de crema pasteleira, marmelada, nata ou trufa.
  6. brazo fonocaptor TECNOL Brazo que sostén a cápsula fonocaptora nun tocadiscos.
  7. brazo secular/real HIST Autoridade do maxistrado civil e secular en contraposición ao eclesiástico.

Confrontacións

Citas

  • As obras non avanzan porque faltan brazos
  • Mercamos unha cadeira de brazos de madeira
  • O brazo do guindastre caeu enriba do coche aparcado

Frases feitas

  • A brazo aberto. Con moita forza.
  • A brazo partido. Combate sen armas.
  • Cos brazos abertos. Recibir a algu
  • Dar o brazo a torcer. Ceder.
  • En brazos. Xeito de levar unha persoa a outra apoi
  • Estar) de brazos cruzados/cos brazos cruzados. Permanecer inactivo.
  • Meterlle un brazo por unha manga. Ter a imposibilidade de facerlle algunha cousa unha persoa a outra.
  • Non dar o brazo a torcer. Manter unha postura ou unha opini
  • Ser unha persoa un bo brazo de labor. Ser preguiceiro.
  • Ter moito brazo cos comerciantes. Ter aptitudes para relacionarse.

Palabras veciñas