Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano.
Parte comprendida entre o ombreiro e a man.
Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo).
mZOOLCada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais.
mParte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo.
mBarrotes dalgunhas cadeiras onde a persoa sentada repousa os brazos.
mCada metade do traveseiro da cruz.
mASTRONCada unha das partes que, nas galaxias espirais, envolven o núcleo.
mFÍSDistancia do punto de referencia á recta de acción da forza.
mFÍSDistancia que hai, nunha panca, entre o punto de soporte e o punto de aplicación da forza, medida perpendicularmente á dirección da forza.
mMARCada unha das partes dunha verga comprendida entre a cruz e cada penol.
mMARCada unha das dúas partes da áncora comprendidas entre a cruz e cada unlla.
mXENCada un dos dous segmentos principais do cromosoma separados polo centrómero, que determina (coa súa posición) a lonxitude destes.
brazo de marXEOGCanal formado por unha estreita porción de mar que entra na terra e que queda entre o litoral continental e unha illa próxima.
brazo de ríoXEOGParte dun río que se separa do seu curso principal para formar un secundario co que se reúnen de novo antes de desembocar no mar.
brazo mortoXEOGAntigo meandro dun río que quedou cegado ou estrangulado.
mHERÁLDFigura en forma de brazo, xeralmente o dereito, cuberto por unha armadura, normalmente de prata.
mTraballadores, especialmente os que desenvolven un labor manual.
brazo de xitanoALIMElaboración pasteleira que se compón dun biscoito de forma rectangular, lixeiramente borracho, con recheo de crema pasteleira, marmelada, nata ou trufa.
brazo fonocaptorTECNOLBrazo que sostén a cápsula fonocaptora nun tocadiscos.
brazo secular/realHISTAutoridade do maxistrado civil e secular en contraposición ao eclesiástico.