bombo

< lat bombu ‘ruído, zunido’
  1. m MÚS Instrumento de percusión composto por un aro de madeira central e dous laterais máis estreitos que serven para aguantar e tensar a pel, sobre a que se golpea cunha maza de madeira.
  2. m MÚS Músico que toca o bombo.
  3. m Caixa xiratoria, que contén as bólas numeradas ou fichas dun sorteo.

Sinónimos

Citas

  • Anunciaron a estrea con moito bombo, Non fai falta darlle tanto bombo ao asunto
  • Cando era máis novo tocaba o bombo na banda da vila
  • No desfile, os bombos van todos colocados ao final da banda de música
  • Unha das bólas do bombo caeu rodando polo chan