tambor

< persa tabîr
Plural: tambores
  1. s m MÚS
    1. Nome xenérico con que se designa calquera dos instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.
    2. Músico que toca este instrumento.
  2. s m
    1. Obxecto de forma cilíndrica.
    2. Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.
    3. Caixa de forma semicilíndrica ou redondeada destinada a protexer ou tapar as pezas do muíño.
    4. TECNOL Peza cilíndrica, baleira, fixada na cara interior dunha roda, onde apertan as zapatas do freo.
    5. TECNOL Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.
    6. MED Instrumento que transmite movemento a un aparato que rexistra as vibracións do aire.
    7. ANAT Tímpano do oído.
    8. ARTE Cada unha das pezas do fuste dunha columna que non é monolítica.
    9. ARTE Corpo central do capitel corintio e do composto, sobre o que se coloca a decoración vexetal.
    10. ARQUIT Muro cilíndrico que serve de base a unha cúpula para dar a esta maior elevación, xeralmente con fiestras para iluminar o interior do edificio.