boletín

< it bullettino it bolletta
    1. Publicación periódica sobre unha materia determinada que constitúe o órgano de divulgación dunha entidade oficial ou privada.
    2. m DER Publicación periódica de carácter oficial en que se fan públicas as leis e outras disposicións.
  1. m
    1. Pequeno escrito de noticias para circulación interna nalgún organismo ou para a comunicación pública.
    2. BÉL Breve comentario de noticias de operacións militares.
    3. COMUN Bloque de novas de última hora que aparece tanto nos xornais como nos medios audiovisuais.
  2. m
    1. Papeleta que se cobre con calquera finalidade para subscribirse a unha publicación ou a que enche a administración educativa para dar conta do labor desenvolvido por un alumno.
    2. RELIX Comprobante escrito onde se manifesta ter cumprido cun precepto da Igrexa.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A lista de premiados na bienal saíu publicado no boletín da facultade de Belas Artes
  • Non vin as imaxes do boletín, pero lino na prensa
  • Precisas un boletín de cualificacións oficial para matricularte nos cursos de doutoramento
  • Saíron as bases da bolsa no Boletín Oficial do Estado
  • Segundo o boletín que facilitaron os médicos a enfermidade non é grave
  • Subscribímonos a través do boletín que viña na propia revista
  • Todos os días a OTAN facilitaba un boletín sobre a intervención en Kosovo

Palabras veciñas