parte

< lat parte
Plural: partes
    1. s f Cousa que, xunto con outra ou outras, se integra nun todo.
    2. parte decimal MAT Diferenza entre x e o enteiro inmediatamente inferior a el en valor absoluto, nun número real calquera x.
    3. parte enteira MAT Número enteiro inmediatamente inferior a x en valor absoluto, nun número real calquera x.
  1. s f Conxunto de elementos que forman un todo.
  2. s f Cada unha das divisións que se establecen nunha cousa.
  3. s f Obra completa que está relacionada con outra ou con outras coas que forma unha unidade.
  4. s f Punto ou rexión do espazo.
  5. s f
    1. Cada unha das persoas ou grupos que participan nunha loita, disputa ou outra actividade.
    2. Cada unha das persoas que teñen intereses diferentes nun asunto común.
    3. DER Persoa ou suxeito nunha relación xurídica.
    4. DER Persoa que preitea como demandante ou como demandado.
  6. s f
    1. Aquilo que corresponde a unha persoa cando se distribúe unha cousa.
    2. ESPECT Papel representado por cada actor.
  7. s f pl Órganos xenitais externos.
  8. s m Comunicación breve que se envía para dar unha noticia urxente.
  9. s m Comunicación que se transmite por telégrafo, teléfono, radio ou televisión.

Confrontacións

Citas

  • A segunda parte do discurso foi a que máis me gustou, Dividiu o biscoito en oito partes
  • Ao longo do día estendeu varios partes médicos
  • Dádelle a cada un a súa parte, Reclaman a súa parte da herdanza
  • Esta parte do motor é a que está avariada, Desfixo o moneco en cantas partes puido
  • Fixo unha foto dunha parte do xardín, A unha parte do equipo non lle gusta o novo adestrador
  • Gañou as eleccións o representante da parte crítica do partido
  • Non podo opinar porque son parte interesada no proceso
  • O xefe pediulle un parte co estado do almacén
  • Oían o parte co transistor pegado á orella, Xa ofreceron o parte meteorolóxico
  • Os xornalistas esperaban o parte de guerra
  • Para defenderse deulle unha patada nas partes
  • Por que non imos tomar un café a algunha parte? O vento sopra da parte do poñente, Por esta parte a casa é máis luminosa
  • Publicaron a última parte da triloxía sobre o mundo celta

Frases feitas

  • En parte loc adv Non enteiramente.
  • Por partes. Gradualmente. Ex: Fixemos o traballo por partes.
  • 2 loc prep En nome ou por encarga de. Ex: A orde veu de parte da directora. Tr
  • 2 loc prep Excepto. Ex:
  • 2 Denunciar algo
  • Dar parte 1 Notificar algo. Ex: Non deu parte aos seus superiores e foi amoestado.
  • De parte a parte loc adv Dun lado ao outro oposto. Ex: Atravesou a orella de parte a parte.
  • De parte de 1 loc prep En favor de. Ex: Espero que esteas de parte del.
  • Dun tempo a esta parte. Desde hai alg
  • Dunha parte... doutra parte/por unha parte... por outra parte. Desde un determinado punto de vista. Ex: Por unha parte quero ir, pero por outra parte non sei se debo.
  • Parte por parte. Sen omitir nada.

Formas incorrectas

aparte (separado)