"rimático" (En toda a entrada)

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Cada unha das unidades rítmicas e melódicas (estrofas) que compoñen a cantiga.

    2. Cobra que presenta un mesmo esquema rimático, de xeito que a disposición das rimas coincide nas cobras pares e nas impares.

    3. Cobra en que se repite a rima do verso final dunha delas no primeiro da seguinte.

    4. Cobra en que se vincula o verso inicial de dúas ou máis cobras por medio da anáfora.

    5. Cobra en que se repite a parte final do derradeiro verso dunha cobra no inicio da seguinte.

    6. Cobra que posúe o mesmo esquema rimático e as rimas coincidentes en cada parella de estrofas.

    7. Cobra en que as súas rimas se repiten na seguinte en orde inversa.

    8. Cobra que posúe o mesmo esquema rimático pero presenta rimas distintas en cada unha delas.

    9. Cobra que ten unha distribución de rimas idéntica en cada grupo de tres estrofas.

    10. Cobra que presenta as mesmas rimas e distribúense do mesmo xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade formal propia da poesía trobadoresca que se caracteriza pola ruptura do principio da isometría sobre o que se fundamenta a práctica poética dos trobadores. As estrofas, de extensión variable, posúen esquemas métricos e rimáticos diferentes e, polo tanto, cada unha delas ten melodía de seu.

    VER O DETALLE DO TERMO