cobra

cobra

lat cōpŭla ‘lazo’

Plural: cobras
  1. s f [LIT ]

    Cada unha das unidades rítmicas e melódicas (estrofas) que compoñen a cantiga.

  2. cobra alterna [LIT ]

    Cobra que presenta un mesmo esquema rimático, de xeito que a disposición das rimas coincide nas cobras pares e nas impares.

  3. cobra capcaudada [LIT ]

    Cobra en que se repite a rima do verso final dunha delas no primeiro da seguinte.

  4. cobra capdenal [LIT ]

    Cobra en que se vincula o verso inicial de dúas ou máis cobras por medio da anáfora.

  5. cobra capfinida [LIT ]

    Cobra en que se repite a parte final do derradeiro verso dunha cobra no inicio da seguinte.

  6. cobra dobra [LIT ]

    Cobra que posúe o mesmo esquema rimático e as rimas coincidentes en cada parella de estrofas.

  7. cobra retrograda [LIT ]

    Cobra en que as súas rimas se repiten na seguinte en orde inversa.

  8. cobra singular [LIT ]

    Cobra que posúe o mesmo esquema rimático pero presenta rimas distintas en cada unha delas.

  9. cobra terna [LIT ]

    Cobra que ten unha distribución de rimas idéntica en cada grupo de tres estrofas.

  10. cobra unisonante [LIT ]

    Cobra que presenta as mesmas rimas e distribúense do mesmo xeito.