"penta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

  • Composto que ten un sulfato ácido que se emprega en medicina como anticolinérxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén antimonio, referido especialmente aos compostos de antimonio en que este é pentavalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos compostos de arsénico nos que este é pentavalente.

    2. Elemento de número atómico 33 e peso atómico 74,92, con propiedades metálicas e non metálicas. Pertence ao grupo V A da táboa periódica.

    3. Ácido ortoarsénico que se emprega na obtención de materias colorantes orgánicas e os seus sales como insecticidas e na fabricación de vidro.

    4. Composto de arsénico que se utiliza na fabricación do vidro e na obtención do arsénico e dos outros compostos arsenicais.

    5. Pos moi tóxicos que se obteñen torrando a arsenopirita. Emprégase na industria do coiro e como pigmento e raticida. O mineral natural é o realgar.

    6. Sólido que se emprega na fabricación de insecticidas e colorantes.

    7. Sólido velenoso que se emprega como pigmento para pinturas e para a obtención de compostos de arsénico.

    8. Líquido de aspecto oleoso que actúa como intermediario na obtención de derivados orgánicos.

    9. Sólido velenoso que se emprega como pigmento, como axente redutor e en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos asteroideos.

    2. Equinodermo da clase dos asteroideos.

    3. Clase de equinodermos do subfilo dos eleuterozoos, denominados estrelas de mar. Caracterízanse polo seu pequeno tamaño e a simetría pentarradiada. A boca está situada no centro da cara inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de forma pentagonal que destaca na unión das fortificacións e que se utiliza como posto de vixilancia ou de defensa.

    2. Recinto fortificado.

    3. Lugar, persoa ou cousa que constitúe unha defensa ou que defende algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.

      1. Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.

      2. Mostrador no seu conxunto.

    2. Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.

    3. Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.

    4. Aparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.

    5. Pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.

    6. Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.

    7. Liña ampla trazada sobre unha superficie.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento de fortificación de forma pentagonal que se insire no espazo de unión de dous panos de muralla.

    2. Obra de fortificación ou recinto fortificado.

    3. Lugar, persoa ou comunidade en que se defende ou fai forte algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos compostos de bismuto en que este é pentavalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea dos xéneros Anchusa ou Pentaglottis, da familia das boraxináceas. A planta caracterízase por estar cuberta de pilosidade, ter follas alternas e enteiras e flores con pétalos azuis unidos formando un pequeno funil.

    VER O DETALLE DO TERMO