"nor" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1827.

    1. Inclinar ou dirixir cara a abaixo o corpo, normalmente coa inclinación da cabeza. Tm v pron.

    2. Diminuír algo en altura ou grosor.

    3. Descender a unha condición, a un grao de intensidade ou a unha medida inferior.

    4. Perder o orgullo ou a dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do prezo dunha cousa que implica un custo menor do prezo inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.

    2. Movemento polo que un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.

      1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.

      2. Hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela.

    3. Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.

    4. Dislocación ou ruptura dunha formación militar, na Roma antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

    2. Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.

    3. Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.

      1. Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

      2. Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.

      3. Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.

      4. Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.

    4. Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.

    5. Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se desvía do tipo ordinario.

    2. Que ten unha configuración anormal, referido a un órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos abnakis.

    2. Individuo da tribo abnaki.

    3. Tribo amerindia da familia algonquina que habitaba o NL de Norteamérica, entre o río San Lourenzo e o mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interromper algo que está en proceso.

    2. Interromperse o desenvolvemento dun órgano ou de todo o ser.

    3. Detención natural ou mecánica, do desenvolvemento dun embrión ou feto antes do seu tempo normal de xestación.

    4. Quedar un órgano ou parte da planta en estado rudimentario ou mesmo non chegar a aparecer.

    5. Desaparecer unha enfermidade antes do seu termo natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non deixa escoitar ou que presenta un nivel de ruído por enriba da media normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título honorífico que recibe o bispo metropolitano da Igrexa de Etiopia desde a súa constitución en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO