"dixit" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 56.

  • Glicósido cristalino que ten a estrutura da dixitotoxina cun grupo acetilo fixado sobre unha das moléculas de D-dixitoxosa. Emprégase en medicina como cardiotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous dedos ou dous apéndices semellantes a dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero acuático do xénero Castor, da familia dos castóridos. Ten o corpo groso, cuberto dun pelame ríxido. Posúe dous grandes dentes incisivos. As extremidades anteriores permiten que o animal teña unha gran capacidade de manipulación mentres que as posteriores son máis fortes con membranas interdixitais. Aliméntanse, fundamentalmente, de cortizas e de pólas novas.

      2. Roedor da familia dos aplodóntidos, repoludo e de ollos pequenos, con patas pentadáctilas de uñas longas e cunha cola pequena cuberta de pelos longos. De hábitos nocturnos, constrúe o tobo preto da auga onde amorea alimento para o inverno.

    1. Pel deste animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Ciconia, da familia dos cicónidos, de gran tamaño e corpo robusto, con patas, pescozo e peteiro longos. e as ás longas e dixitadas.

    2. Cegoña coa plumaxe branca, agás as plumas primarias e secundarias das ás, que son de cor negra que teñen o peteiro e as patas de cor vermella.

    3. Cegoña que presenta a plumaxe negra brillante coa parte inferior do corpo branca, e o peteiro, as patas e o anel ocular de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ten ao seu cargo as chaves dun lugar.

    2. Argola onde se levan as chaves.

    3. Moble para gardar as chaves.

    4. Planta herbácea perenne, do xénero Helleborus, da familia das ranunculáceas, que presenta follas dixitadas e flores de gran tamaño, con pétalos transformados en nectarios tubulares e bilabiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, que presenta talos gabeadores, flores brancas ou púrpuras dispostas en acios, e froitos en legume con sementes comestibles.

    2. Planta herbácea, do xénero Lupinus, da familia das fabáceas, que presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas, flores papilonáceas en ramos terminais e froito en legume con sementes cun alto contido en proteínas.

    3. Semente comestible da planta do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de individuos ou obxectos con características afíns que resultan da división dun conxunto.

      1. Calidade dalgunha cousa segundo as súas características ou o seu valor.

      2. Calidade de quen demostra polo seu comportamento e aspecto físico unha boa educación, elegancia ou bo gusto.

      1. Grupo de persoas que se diferencia polo lugar que ocupa nun sistema de produción social determinado en relación cos medios de produción, polo seu papel na organización social do traballo e pola magnitude da parte de riqueza social de que dispón e do xeito en que a obtén.

      2. Enfrontamento que se produce entre dúas clases antagónicas cando loitan, non exclusivamente polos seus intereses inmediatos, senón polos seus intereses a longo prazo.

    2. Taxon comprendido entre a orde e a división (nas plantas) ou entre a orde e o filo (nos animais).

    3. Unidade da sistemática fitosociolóxica, superior á orde e inferior á división.

    4. Lección que actúa como referente da comunicación docente dun grupo, nivel ou curso concreto.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.

    2. Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.

    3. Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.

    4. Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.

    5. Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.

    6. Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.

      1. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.

      2. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.

      3. Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto electrónico que se emprega para converter sinais de audio ou de vídeo nunha saída de forma dixital.

    VER O DETALLE DO TERMO