"UVI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 298.

    1. Poñer a moi pouca distancia unha cousa ou persoa doutra. Tm v pron.

    2. Protexer a alguén do frío ou da chuvia.

    3. Convivir unha parella sen estar casada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chegada dun acontecemento ou época, especialmente se se trata da ascensión ao trono dun rei ou papa.

    2. Tempo litúrxico, de ton penitencial, que precede ao Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dependencia de almacenaxe construída normalmente a carón da casa tradicional agraria ou mariñeira para gardar o carro, a embarcación, os apeiros de labranza ou para abrigar os traballos agrícolas e obradoiros artesanais nos días de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por aluvións.

    2. Serie de solos que teñen unha evolución interrompida por achegas intermitentes orixinadas por inundación superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento importante da cantidade de auga dun río, regato ou lago.

    2. Conxunto de sedimentos transportados e depositados por augas correntes.

    3. Tipo de accesión natural dos bens inmobles que consiste no crecemento sucesivo e lento de terras producido nas leiras afíns ou ríos, como consecuencia da corrente das augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cisterna, depósito amplo e de pouca profundidade, tallado na rocha ou feito de obra, revestido por dentro de pedras e cuberto dunha bóveda, que serve para recoller a auga da chuvia.

    2. Construcción para o almacenamento de auga. Da época castrexa consérvanse restos do alxibe do Castro de Elviña.

    3. Embarcación destinada ao transporte de auga.

    4. Barco destinado ao transporte de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.

    2. Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matogueira especialmente mesta que impide ou dificulta o paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que se entremete nos asuntos dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO