"Tosi" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo artificial e heteroxéneo de seres vivos fotosintetizadores, con tipos morfoloxicamente moi variables. Diferéncianse das plantas por ser talófitos, ao non presentar tecidos ben estruturados, e vexetais non vasculares, ao non ter vasos condutores. Aínda que todas as algas son autótrofas, non todas son verdes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ortosilicato de magnesio hidratado, de fórmula Mg 3 (Si 8 O 20 )(OH) 2 (OH) 4 ·4H 2 O. Mineral arxiloso de estrutura fibrosa. Pola súa capacidade absorbente emprégase como antidiarreico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autoencaixador que obtén o sincronismo entre dous xeradores ou dous sistemas de corrente alterna que traballan co mesmo potencial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento fotosintetizador de natureza porfinírica, organometálica, con magnesio. Ten a mesma estrutura xeral que a clorofila. Preséntase nas rodobacteriáceas.
-
-
Parte inferior dalgunha cousa onde esta descansa sobre o seu soporte.
-
Parte máis importante que constitúe ou intervén nunha determinada cousa.
-
Feito ou cousa que orixina algo ou que constitúe o seu principio.
-
Conxunto de membros efectivos dunha organización formal que non ocupan cargos burocráticos nin directivos.
-
-
Parte dun órgano que se une a outro máis céntrico.
-
Zona próxima á unión co tórax, nas ás dos insectos.
-
-
Parte inferior da columna.
-
-
Complexo de instalacións destinadas ao cumprimento de determinadas misións militares ou científicas.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta, da familia das cactáceas, propia do continente americano e de ambientes desérticos ou áridos, que presenta talos engrosados con capacidade fotosintética e que lle permiten almacenar auga tras as escasas chuvias; follas transformadas en espiñas ou escamas; un sistema radicular moi desenvolvido en horizontal; cutículas grosas e poucos estomas.
-
-
Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.
-
Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.
-
Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.
-
Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.
-
-
Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.
-
Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.
-
-
Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.
-
Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.
-
Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión central do citoplasma das cianofíceas desprovista de láminas fotosintetizadoras.
-
-
Lousa ou pedra grande que se coloca verticalmente nas marxes dun terreo para cercalo.
-
Pau, estaca ou póla que se crava no chan para formar un valado.
-
Fragmento lítico de pouco espesor orixinado a partir de rochas estruturadas en planos de esquistosidade.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cianobacterias.
-
Bacteria do filo das cianobacterias.
-
Filo de bacterias fotosintéticas que posúen un sistema de pigmentos similares ao das eucariotas e con capacidade, polo xeral, de fixar o nitróxeno atmosférico. Trátase dun grupo moi diverso, con formas coloniais ou tamén filamentosas. OBS: Tamén se denominan algas azuis ou cianofíceas.
-