"Rif" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 655.

    1. Relativo ou pertencente a técnica abbevilliana ou ao Abbevilliano.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    3. Tecnocomplexo do Paleolítico Inferior que se desenvolveu durante un período interglaciario cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheuliano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de abluír ou abluírse.

    2. Purificación da materia, segundo os alquimistas, por sometemento á acción continuada do lume.

    3. Purificación relixiosa dunha persoa por medio da auga.

    4. Acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón, no rito cristián da misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacrificio voluntario con finalidade altruísta.

    2. Concepto bíblico que expresa a negación dun mesmo polo ben dos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar e purificar superficies orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acalorar ou acalorarse.

    2. Conxestión periférica, sobre todo da cara, causada por unha insolación ou un esforzo físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orde de aves depredadoras que presenta peteiro e gadoupas robustas. OBS: Tamén se denominan "falconiformes".

    2. Ave da orde dos accipiteriformes.

    3. Relativo ou pertencente aos accipiteriformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.

      2. Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.

      3. Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.

      4. Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.

      5. Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.

      1. Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.

      2. Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.

      3. Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acipenséridos.

    2. Peixe da familia dos acipenséridos.

    3. Familia de peixes da orde dos acipenseriformes. Comprende diversos xéneros de esturións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acipenseriformes.

    2. Peixe da orde dos acipenseriformes.

    3. Orde de peixes da superorde condrósteos á que pertence a familia dos acipenséridos.

    VER O DETALLE DO TERMO