"Pitol" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Relativo ou pertencente ao Capitolio.

    2. Conxunto de divindades romanas, asociadas nun mesmo culto, composto por Xúpiter, Xuno e Minerva.

    3. Xogos de carácter anual en honor ao deus Xúpiter, instituídos por Furio Camilo en lembranza da liberación do Capitolio en 389 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Templo dedicado á tríade capitolina, situado nun lugar destacado do foro, en diversas cidades do Imperio Romano.

    2. Edificio monumental destinado xeralmente a sede municipal ou parlamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma poética italiana baseada na terza rima de Dante, cunha distribución en tercetos encadeados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

      2. Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO